Wednesday, July 20, 2005

Peticións do POST 101: Daddy Cool


As equivalencias entre artes son perigosas e arriscadas. ¿É acaso Maradona o Picasso do futebol? ¿Parece xusto considerar a John Ford o Homero do Far West? Son comparanzas arriscadas pero eu arríscome: Boby MacFarrel foi un James Joyce, un Ezra Pound da música disco.
A estes artistas perdeunos a súa megalomanía. Buscaban englobar o universo enteiro nas súas pequenas obras de arte e poderiamos dicir que Boby, cantante de Boney M, foi outro delicioso enfermo. Mentres os leoninos Bee Gees se abandonaban a un hedonismo intrascente ( aínda que ritmicamente subxugante) e as divas como Gloria Gaynor cantaban á promiscuidade sexual Boney M intentaba fundar un mundo mellor mediante unha profunda revisión histórica e unha defensa daquelas figuras románticas que lograron levantar pequenas trincheiras de esperanza.
By the rivers of babylon ( a revisión de MacFarrel sobre o mito fundacional da civilización), Rasputin (unha denuncia do absolutismo e da excesiva influencia do clero), Ma Baker ( a desesperada loita do ser humano por conservar os lazos familiares ),El Lute (un canto a prol da libertade e en contra da discriminación racial) ou Daddy Cool (unha puxante metáfora da sociedade actual) son claros exemplos do pensamento MacFarreliano. Boby ademais era algúen que se tomaba moi en serio a música. Non hai máis que ver o lendario video de Daddy Cool cando, en certos momentos da actuación, perde a conciencia da súa propia existencia e transcende a un estadio superior do coñecemento.
Desgraciadamente a música nunca o tomou en serio a el. Os snobs críticos musicais prefiren a vellos amargados como Dylan ou esperpentos hiperactivos como Jagger para servir de profetas da música e desprezan a ensinanza de paz e amor de Boby. Velaí a guerra de Irak. Velaí a pobreza no mundo.
O único feito que me permite sentirme orgulloso por compartir orixe con Fraga, Franco, Pita, Piñeiro, Pérez Varela, Rouco Varela é o matrimonio de Boby cunha veciña de Chantada. Faime sentir orgulloso de ser humano e fillo de Breogán.
Proximamente as Choqueiro peticións...

2 Díxome díxome:

At 10:21 PM, Blogger FraVernero said...

Ais...
eu xa non fixen peticións, anque calquera frikada sobre relacións xogos de rol-literatura había de chistar. Supoño que ao Elric tamén.
Bonney M... vaites. Está ben, ou, anque non sexa o meu estilo. Eso dos ríos de Babilonia, lémbrolle ao malvado Nadador, ven dun salmo bíblico. Xa se sabe que os negriños americanos pírranse por ese libro...

 
At 9:09 AM, Blogger O Nadador said...

Aquí:
Intentareino esta fin de semana. (O dos croissants polo menos)

 

Post a Comment

<< Home