Friday, July 08, 2005

Lauren Bacall en Curtis

Coñecín á miña amiga en xullo nun curso de guión impartido por un dos creadores de Pratos Combinados. O que vos poda parecer un comentario sarcástico non o é, ninguén que ame tanto ó teatro e ó cine pode restar na vez de sumar no mundo da escea.
Características: cara de nena, ollos celestas, espigada, as formas de muller aínda por definir (sobre todo na mirada), curiosidade en cada xesto, un gran afán pola vida... Hai algo nela, coma en toda persoa interesante, contradictorio. Doce coma un nena por dentro, unha beleza fría, de estatúa, envolvéndoa. Sempre lle dixen que se parecía moito a Lauren Bacall. Ela preguntoume quén era esa. Eu respondinlle que me parecía mal que unha estudiante dun ciclo de imaxe non o soubese. Esta, neniña, é Lauren Bacall:

Pois agora casa. En novembro contoume que díxome que aceptara a aquel home coma quen acepta que lle veñan facer unha enquisa do CIS á casa e que lle acabou por coller cariño. Tiven a delicadeza de non preguntarlle se estaba embarazada pero entendín por unha indirecta que si o estaba. De tódolos xeitos deséxolle unha moi feliz vida en Cuenca. Facede cursos do Servizo Galego de Colocación. Coñécese a xente interesante.

1 Díxome díxome:

At 5:33 PM, Anonymous Anonymous said...

Jejejej!! É moito meior preguntar ca quedarse coas dúbidas amighiño... ¿Q ía estar embarazada? En calquera caso, nunca sería un motivo suficientemente poderoso para tal cousa, ¿non cres?
¡Que vivimos tempos modernos, meu rei! ¡E somos xente do espetaculo! (Digo... espetáculo, ;D)

Biquinhos jrandes a Jalisia!!

 

Post a Comment

<< Home