Wednesday, April 06, 2005

Un día perdido

Escoiteille a Darío Villanueva unha frase que a pesar da súa sinxeleza e pouca orixinalidade está revestida da escintilante verdade. O tempo é o único na nosa vida que nunca poderemos recuperar. E é certo.
Tamén me vén á cabeza a poesía de Quevedo e a explicación da miña profesora de Literatura de 3º BUP (unha muller que nalgún momento perdeu a interese pola literatura, a xuventude, a educación e adicábase a ver pasar a vida correxindo exercicios dun libro de texo) sobre a súa poesía metafísica e de amor. Insistía, con coloquialidade (a poesía dos mediocres) sobre as contradiccións en Quevedo. A súa louvanza do amor víase contrapesada coa súa misoxinia estrema. E as súas dramáticas advertencias sobre o futil da existencia contrastaban coa súa vida retirada e aburrida.
A apatía vénceme a diario. Un preso coa porta da celda aberta que non é capaz de levantarse do catre é o simil máis axeitado que se me ocorre. Ogallá os meus problemas dependesen dos demais. Xa é unha contradicción interesante de sentidos.
Vexo cada día a saída do túnel e négome a collela. Cada día hai mil cousas ilusionantes que facer e ningunha é capaz de rescatarme da miña propia insignificancia. Prefiro escoitar a Soundgarden e sentarme a escuras. Realmente é unha das poucas cousas me gusta facer ultimamente.
Un día perdido é un pequeno universo que se desmorona. A vida que se nos vai en escribir pornografía sentimental como a que estades a ler.

2 Díxome díxome:

At 11:08 AM, Blogger emereci said...

pobres os que te esperamos no cabo do túnel.

 
At 7:03 PM, Blogger O Nadador said...

Gracias polas vosas fermosas palabras. Só os bos sentimentos que se agochan delas me reconfortan máis.

 

Post a Comment

<< Home