
Na parte da historia universal que nos tocou vivir estableceuse unha relación de amor cos nosos fetiches dada por unha parte polo espacio consumista no que nos desenvolvemos e por outra pola inevitable necesidade de amar algo ou a alguén. Os productos que consumimos en cada época marcan os nosos recordos: os nosos xoguetes, a Bola de Cristal, a roupa, os libros e sobre todo os discos.
Unha característica da música é que normalmente a gozamos mentres realizamos outras actividades das máis diversas e, en ocasións, as lembranzas que nos evocan non son as que os autores pretendían transmitirnos. Con este motivo, e nun novo acto de obsceno exhibicionismo, paso a enumerar algúns dos discos da miña colección e o que me fan revivir. Desculpade senón ningún destes discos sae na lista deste ano da vosa revista favorita, o mp3 lévame a escoitar música no ordenador e non facer copia en CD. Bueno, alá vai:
Air-Moon Safari, paz e Pontevedra,
Anni Di Franco-Little Plastic Castle, un helicóptero en Asturias,
Recopilatorio dos Beatles, Pontevedra e chamada en espera dunha empresa de secadoiros de madeira de Sigüeiro.
BECK: Güero, tardes chateando en internet na vez de traballar,
Mellow Gold, os meus primeiros escritos,
Mutations, a colección de discos do piso de Tremor (por aí andaba Julio Iglesias tamén),
The Brixton Tape a cama do meu avó e un cadro cheo de familiares mortos que era o último que vía tódalas noites antes de durmir,
Odelay o descubrimento da miña vocación artística que logo resultou ser falsa,
Disco de rarezas xaponés (non podo transcribir o nome nipón) unha longa espera e a recentemente pechada Disco Láser.
Belle and Sebastian-fold your hands child, you walk like a peasant- As mañás antes de ir para a facultade,
Bjork-Debut- O grupo poético Ollo,
Blade Runner- as dúbidas sobre o sentido da existencia,
Blur-Recopiliatorio- Limpar a cociña do meu primeiro piso coas cebolas podres no armario do lado,
Bon Jovi-Cross Road a miña irmá (tamén poderiamos incluír o Dangerous de Michael Jackson),
Bowie-Ziggy Stardust Dominob e unha preciosa aínda que curta estancia en Viveiro,
Coldplay-parachutes a presidenta do Colectivo Sacou.
The Cure (Recopilatorios): Friday I´m in love levantarse e deitarse con ganas de chorar de felicidade, é o AMOR con maiúsculas, a ilusión por vivir e a esperanza do novo día. Tamén é unha persoa claro está.
Dylan-Blonde and Blonde, un aniversario e unha francesa,
Iggy Pop-Nude Rude, uns disturbios acontecidos no Monte do Gozo e un fato de rapaces suorosos a empurróns,
Antonio Carlos Jobim, a morte,
Lenny Kravitz-Greatest Hits Óscar Manuel Sendón Olveira (un bico se me les),
Lou Reed-Transformer Facendo tempo antes de ila a ver, divertido e frívolo,
Love-Forever Changes, o piso de Aquí,
Manu Chao Clandestino, o piso de Santa Clara de Tremor e a Varela,
Massive Attack-Blue Lines (ver Beck-Mutations),
Metallica-Discografía, configurar o ratón serie do noso vello ordenador.
Os Mutantes-Recopilatorio, unha xornada de 36 horas seguidas traballando e programación ASP,
Neil Young, Pontevedra e o xornalismo,
Nine Inch Nails (Donward Spiral e Fragile), deitarse preocupado en primeiro de carreira por ser o centro do universo,
Nirvana- a adolescencia, unha acusación de roubo e un exame de Ciencias Naturais (saquei un 8) ,
Pixies-Doolitle a imaxinación, crear, Portugal,
Pj Harvey- Varios discos Voley praia,
Placebo-Whithout you I´m Nothing a Tremor e a un médico barcelonés,
Primal Scream-Varios a Castrelos, un hippie borracho, doble de Milosevic e a ración de pulpo máis cara da historia,
Portishead- Roseland Live in NYC- Ao meu compañeiro de pensión chorando e cantando Sour Times
Prince The Hits 1 e 2- Dani Concordante, o artista que máis me influíu na miña vida.
Radiohead, varios- O piso de Tremor e as ceas austeras aínda que saborosas, e chegar tarde á reunión de Ollo,
Red Hot Chilli Peppers-Californication, un longo camiño e unha sede brutal,
REM-Varios Jacobo e a Consellería de Economía, Rolling Stones- Forty Licks limpar escaleiras,
Sigur Ros-Agartic Hyrjun- as novelas de John Updike, Siniestro
Total-Trabajando para el enemigo a Don Elric de Melniboné,
Smashin Pumpkins-Recopilatorio un mal ano e moita hipocresía,
The Smiths, a elaboración deste post.
Sonic Youth-Varios-Asturias, a sensación de ser moi poderoso, rabia, crecemento intelectual, días de chuvia.... (si, outro post aparte, si...),
Televisión-Marquee Moon programar en C un programa para a xestión de capturas do berberecho,
Yo la tengo-I can hear the heart beating as one- Unha agradable tarde de xullo e a última antes de durmirme,
Violent Femmes- Cansanzo,
The Velvet Underground- Arguiñano,
U2-Toda a discografía- A Coruña e os meus curmáns.
Este terriblemente longo post chega ó seu fin. Se sodes amigos meus e non aparecedes na compilación non vos preocupedes. Falta a outra metade dos discos así que se queredes fago segunda parte. Ademais moitas lembranzas son do MP3 como no caso do meu anterior piso e o seu himno (That´s entertainment de The Jam) ou a canción de guerra de Vichu máis min (Panic de The Smiths). Ou a música de bares como aquela canción de Van Morrison que escoitamos un día o Choqueiro máis eu as 3 da mañá nun bar de Noia ou Everybody´s gotta learn sometimes.
Se non o ledes enteiro comprendereino. A min valeume cando menos para ordear a discoteca....